Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A negativa de Margarita Lamela e Ramón Vigo impiden realizar o debate electoral en Cee

Ramon Vigo e Margarita Lamela renuncian ao debate de Cee
Ramon Vigo e Margarita Lamela renuncian ao debate de Cee
A negativa de Margarita Lamela e Ramón Vigo impiden realizar o debate electoral en Cee
A negativa de Margarita Lamela e Ramón Vigo impiden realizar o debate electoral en Cee

Este 2019, como en 2015, dende QPC tivemos a intención de volver realizar a sana iniciativa de armar un debate público en Cee. Quixemos, como nos leva pedindo nos últimos meses a veciñanza, afianzar un exercicio de democracia na capital comarcal, para que a cidadanía de Cee tivesen a oportunidade de escoitar aos seus representates enfrontarse á palabra.

Dende QPC e dende o promotor Mohammed Safa, volvimos sentir o interese enorme da xente, que nos preguntaron se iamos repetir aquel debate de 2015 ao acodiron unhas 300 persoas e que serviu de verdadeiro exercicio de democracia directa.

Pero parece que non todo o mundo cre que están a altura dun debate público. Ou parece que prefiren agochar as súas carencias. Ou será que non lles interesa o sistema democrático en si máis que como un medio para chegar a gobernar.

O caso é que a negativa de Margarita Lamela (candidata do PSOE) e Ramón Vigo (actual alcalde e candidato de IxCee) fai imposible realizar o debate. A verdade é que xa temíamos a resposta do actual alcalde, pero “os problemas de axenda” que argumenta o partido socialista non ten ningunha xustificación.

Cómpre, en todo caso, destacar o valor de Antonio Domínguez (PP), ou a completa disposición dos Serxio Domínguez (BNG), Adrián Leira (Partido Libertario), e Víctor Somoza (Unión Cidadá). Os catro se brindaron absolutamente ilusionados dende o primeiro momento, se ben aínda esperamos pola resposta definitiva de Ciudadanos.

Lamentamos así que a falta de compromiso elimine unha parte esencial para a veciñanza de Cee, o diálogo, a participación, o debate.

 

Novas relacionadas

Comentarios