Xoves. 28.03.2024
El tiempo

ELECCIÓNS

Adrián Leira: “Cee necesita aire fresco”

Adrian Leira Candidato do Partido Libertario a alcaldia de Cee
Adrian Leira, Candidato do Partido Libertario a alcaldia de Cee
Adrián Leira: “Cee necesita aire fresco”

O pasado mes de xullo Adrián Leira anunciaba que se unía á carreira. Á carreira por unha das alcaldías máis importantes da Costa da Morte, a de Cee. Este preciso sábado 11 do maio, xa en plena campaña das eleccións municipais do 26 de maio 2019, Leira presenta a súa candidatura, o seu equipo completo, ás 20:00h no Salón de Actos do Concello de Cee, onde se subíu por primeira vez a un escenario con Talía Teatro,e queremos coñecer un pouco mellor como afronta estes comicios.

Non faltan as súas frases célebres para dar conta do seu nivel de actividade, pero ten clara a súa devoción. “Eu preséntome porque a Cee fáltalle vida, e eu teño moita vida”. É consciente de que chega “con dous handicaps: que levaba 8 anos fóra e que eu non tiven ub¡n Plan Labora para darlle traballos á xente e ir dando pensións por aí; non veño para cobrar favores.” Pero asegura que “vin para quedar, e goberne ou non goberne vou apostar por Cee. Cee é un diamante en bruto e necesita un pulidor que son eu”.

Presentacion de Adrian Leira como Partido Libertario de Cee   

  • QPC: Os que te coñecen aseguran que sempre un soño para ti, dende que eras rapaz, entrar na carreira pola alcaldía. É certo?

Si, é certo. Realmente empezou cando era un cativo comendo pipas na Alameda de Cee cos amigos, falando e dicindo que eu si fora alcalde pois faría tal proxecto e tal outro. Agora variaron as necesidades porque eran os anos 90, pero sigo tendo a mesma ilusión.

  • QPC: Que puntos foron fundamentais para que sexa agora, apenas con 29 anos, te lanzases nesta carreira?

O abandono actual do pobo de Cee. Vexo que todo se vende, se aluga, e penso que era o momento fundamental para dar ese aire, ese cambio, para renovar as ilusións do pobo. Son o único partido novo que pode aportar a Cee aire fresco.

  • QPC: Con que aspiracións chegas as estas municipais? Consideras que a alcaldía é posible ou o primeiro paso será entrar no pleno e ir medrando?

A miña aspiracións é ser alcalde, e vou demostrar ao longo da campaña que podemos gañar estas eleccións.

  • QPC: 7 candidaturas son moitas candidaturas… Como vés a cousa? Quen parte como favorito? Como cres que quedará o pleno?

Cee é un sitio con moitos pensamentos diferentes e o número de candidaturas dá conta da cantidade de iniciativa social que temos. Pero tamén penso que temos entidades como a Asociación de Empresarios, que espero coller despois das eleccións, ou o propio Unión Club Cee que presido, que teñen problemas para ter xente, e sen embargo temos 7 candidaturas. Creo que moitas candidaturas van con intereses, e nós dende logo que non.

  • QPC: Cres que as eleccións do 28 de abril influirán nas do 28 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes?

Creo que non, porque nas Municipais vótase á persoa. A min estanme recibindo todo o mundo, e chegáronme apoios de todos lados, en teoría de diferentes cores políticas. Por tanto, se non me inflúen a min, non lle van influír a Cee.

Teño moi boa amizade cos dous e eu adoito debatir cos dous moi a menudo. Que non o fagan publicamente? Non sei a quen lle poden ter medo, pero cada un é libre de facer o que queira. Pero penso que a xente de Cee quería un debate público, porque quedaron moi contentos daquel debate voso de 2015.

  • QPC: En anos pasados tivestes contacto con outros partidos, como o propio IXCee ou mesmo co PP.

Sempre fun unha persoa que me gustou a política, non era dos que lía só o Marca. Sempre tiven unha inquietude política. Pero nunca estiven afiliado a ningún partido. Nunca tiven vinculación co PP de Cee, se ben é certo que cando Antonio se presentou, fun a escoitalo, pero como fixen con outros partidos.
Si é certo que no seu día apoiei a IxCee, pero fíxeno porque moción de censura do BNG e o PP me pareceu unha barbaridade, e ademais sempre pensei que Vigo era inocente na Operación Orquesta. Pero unha vez que ves que este pueblo está parado, hai que dar o paso. Marchoulle Yolanda e Candiño, e gobernar un concello con 3 concelleiros, e cunha oposición desastrosa, que só se dedica a reventar acordos, é imposible. Ademais considero que se estás enfermo, se estás de baixa, non podes traballar polo teu concello, e nestes catro anos puido máis o seu orgullo de querer ser alcalde que a súa saúde. Ramón Vigo quere morrer cas botas postas.

De feito, este ano todos os partidos contactaron comigo para entrar en postos da súa lista.

  • QPC: Como é que finalmente chegas a vincularte cun partido como o PL que apenas tiña presencia en Galicia?Cartel do Partido Libertario de Cee-Adrian Leira copia

Eu lévome moi ben cos seus candidatos, e quero facer política unindo a todo o mundo, como se fixo a Constitución, non separando.

Ramón é meu amigo e necesita descansar. Margarita é a miña avogada. Con Antonio temos unha relación cordial. Con Víctor Somoza mesmo o invitei a comer en Madrid, e vin que o seu proxecto non ten sustento. No BNG, si que cheguei a ir a algún acto de Galiza Nova cando era nova, pero funme decatando que todos os partidos son sectas. E ao ver que son sectas decidín ir por PL porque un dos slogans é “Todo o poder para ti”.

 

  • QPC: E chegas mesmo con apoios internacionais?

Unha das cousas máis bonitas que teño é o vídeo electoral, cunha marea de xente que me anima dende todas partes, e que fixo ver que realmente a min recíbenme en todas partes. Ata a posible próxima presidenta de Guatemala, ou o nomeado mellor empresario estranxeiro de China tamén me brindaron o seu apoio.

Isto fíxome a sorte de que a min me recibe todo o mundo, e se a xente para votar pensa en quen goberna na Xunta ou no Goberno Central, que saiban que podo entrar en todas partes. Teño gran relación coa Deputación actual, coa Xunta e mesmo teño contactos co goberno central.

 

  • QPC: Nunha frase: Que necesita Cee?

”Renovar ilusión”, o meu eslogan é claro. E recuperar o tempo perdido.

 

  • QPC: Cales son as principais liñas do voso programa?

O tempo das grandes obras acabouse. Prometer grandes obras é imposible e que as prometa está mentindo.

Os servizos sociais son un dos puntos principais do programa, porque comprobei nesta campaña que a xente está pasando moitas penurias. Nese sentido podo asegurar que goberne quen goberne, imos ter unha residencia de maiores, como cando nos unimos pola ITV en Baio. Teño confirmado que temos empresas interesadas en creala.

A creación de emprego é a base do programa, pero unha creación de emprego de verdade. Crearemos o viveiro de empresas nas antigas oficinas de Neria. Conseguín acordos coa Axencia de Innovación da Xunta para implantar a fibra óptica.Ademais, levamos unha idea, semellante á que fixo o Concello de Cerceda, que lles permitiu crear milleiros de postos de traballo atraendo empresas potentes: crear unha oficina de creación económica, cunha persoa que poida i vendendo o pobo, vendendo o polígono industrial, vendendo o porto… por todo o país, para atraer investimentos.

Fai falta tamén unha limpeza do pueblo, de canales, rías, praias… que dá asco. Antes de vendelo tereino que limpar.

Queremos ademais unir das parroquias co casco urbano. As parroquias están vivindo no século pasado.

En setembro empezan novos FP privados en Cee gracias ás miñas xestións.

E outro dos puntos importantes é que vou ser un alcalde accesible, vou estar dispoñible 24 horas os 7 días da semana, pois a porta do alcalde ten que estar aberta a todas horas.

 

  • QPC: A túa lista está formada por: Verónica Blanco Mouzo, Manuel Rojo Casais, Maikel Cambeiro Lourido, Dulce Lagoa Río, Ana María Trillo Fernández, Daniel Cambeiro Lagoa, María Dolores González Martínez, Mónica Quintáns Tajes, Álvaro Lago Leis, Silvia Martínez, Alejandro Alonso Allones e Lorena Romero Caamaño.
    Cales son os puntos fortes do teu equipo?

Na miña lista está representada toda a sociedade de Cee, que viviu por case todas as parroquias, na que todos traballan, e non é unha lista do paro, como a dos outros, que van para saír de concelleiros. Dende unha mestra, un autónomo do comercio local, un líder de xuventude; teño rostros que atenden a todo o mundo.

 

  • QPC: E para rematar, que lle dirías a un veciño de Cee para que se decantase pola túa candidatura? Cal é o teu maior valor para Cee?

A xente nova xa está comigo, e á xente maior téñolle que dicir que se queren que os seus netos teñan oportunidades, que me dean unha oportunidade a min e que non miren os favores, que iso non é política.

O mellor exemplo, o meu exemplo, é José Manuel Pequeño, o que case todo o mundo considera o mellor alcalde da Costa da Morte, e que empezou ca miña idade, cunha corporación desastrosa, e así está, ata hoxe.

 

Novas relacionadas

Comentarios