Cee sofre o primeiro gran incendio do verán

Incendio de Ameixenda, Caneliñas e Fures-Foto-Jorge Castro
  • Última hora (22:45h): O lume vai a menos. Os medios intentan que non pase da casa do cura, en Caneliñas.
  • Última Hora (21:30): aberta de novo a comarcal pola estrada vella que cruza Ameixenda.
  • Última hora (20:00h): Segue activo e xa supera as 20 hectáreas. No seu control están traballando 3 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas. O helicóptero uniuse ás tarefas de extinción.
  • Última hora (19:30h): Cortada a comarcal AC550 e evacuado Caneliñas.
  • Última hora (19:00h): Primeiras casas desaloxadas en Caneliñas. Ademais, Hai un 2º foco no incendio de Gures.
  • Última hora (18:45h): O lume segue medrando (cun vento de 80 km/h) e vai chegando ata a estrada. É posible que haia que pechar a estrada que une Cee e Carnota a altura de Ameixenda.
Incendio de Ameixenda dende Corcubion-Foto-Sabela Romar

Non se libra da lacra dos lumes este verán a Costa da Morte.

Empezaba a primeira hora da tarde (16:00) deste martes 9 de agosto un incendio na parroquia de Ameixenda (debaixo do cemiterio), en Cee, botaba unha forte fumareda sobre a ría de Corcubión.

Dirixíanse os bombeiros e Protección Civil de Cee para o lugar para intentar atallar as lapas. “Ten pinta de ser perigoso, mete medo”, recoñecían membros dos corpos de seguridade, ante a fumareda e o forte vento que está a espallar as lapas e o fume, xa visto dende toda a ría de Corcubión, Fisterra e mesmo dende O Pindo ou Lira.

A fronte de lume segue baixando con rapidez ata a costa, e por arriba case ata a estrada. Ademais a fronte se dirixía para os dous lados, tanto para Cee como cara Caneliñas.

Estaremos atentos a ver como evoluciona este #IFAmeixendaCee.

Jorge Castro dende o alto de Gures vendo o incendio
Incendio en Ameixenda dende o Cabo C-Foto-Diego Diaz
Incendio de Ameixenda dende Corcubion-Foto-Sabela Romar
Incendio en Ameixenda-Foto-Marta Coronilla
Incendio de Ameixenda dende Lira
Imaxe dende O Pindo-foto-Sergio

#seveslume085

Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893).

E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. #seveslume085

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).