Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres

Un novo incendio provocado arrasa o monte de Serres
Incendio en Serres-Muros-Foto-Joaquin Nunez

Dende o mediodía, as lapas prenderon o monte muradán entre Baño e Rebordelo, na parroquia de Serres. Tocoulle traballar ao GES de Muros, a 5 brigadas, un helicóptero e 6 motobombas para controlar un lume que se controlou a media tarde despois de que arrasase entre 5 e 10 hectáreas (a cifra exacta é complicada sabela porque a Xunta só informa a partir de 20 hectáreas).

A cercanía ás casas fai pensar que puido ser provocado (localizáronse ata 3 focos) polos que numerosos veciños alzaron as súas queixas.

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios