O CEIP Vila de Cee sae á rúa: “Queremos un PT!”

Novo comezo de curso convulso para as familias da comarca, tendo que volver ás rúas para loitar por unha educación pública de calidade e inclusiva. Os recortes en materia de inclusión volven ser os protagonistas e se as familias do IES Agra Raíces xa teñen mesmo presentado un escrito ante Inspección pola falta de apoio para o alumnado con necesidades especiais, polo veciño CEIP Vila de Cee máis do mesmo.

Esta mañá de venres, as familias da ANPA Uxío e da Asociación Paseniño concentrábanse ás portas do colexio ceense para esixir a asignación dun mestre auxiliar de Pedagoxía Terapéutica (coñecido habitualmente como PT). Case un centenar de persoas entre pais, nais e alumn@s, berraron durante 15 minutos antes de entrar en clase un claro “Queremos un PT”.

Explican que a día de hoxe o colexio ceense, que conta con aproximadamente uns 300 alumnos, dos que hai un amplio ratio de crianzas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) e Necesidades Educativas Especiais (NEE).

Dende o centro solicitouse antes de comenzar o curso un segundo PT, pero tras a insistencia, no canto de ofrecer un especialista, ofrecen media xornada dun mestre de Educación Primaria (a día de hoxe, co curso iniciado, está persoa aínda non foi nomeada oficialmente e por tanto aínda non está traballando), perfil moi diferente o que se require.

Máis novas sobre os recortes