A cultura ceense vívese en directo

Bailando no verán Cultural de Cee-Fotos-Rafa Quintáns

Como previa ás Festas da Xunqueira, o programa de Verán Cultural do Concello de Cee mantén o pulso ben activo.

Esta semana son os grupos da casa os que actúan na Casa da Cultura. Se o luns tocaba sesión de libros coa ilustradora Laura Sánchez e o poeta Suso Bahamonde (vémolos na foto), ao longo deste martes xa subiron ao Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura o Grupo de gaitas Airiños de Brens, Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.

Hoxe mércores, a partir das 21:00h tócalle o turno á Coral do Centro Social, Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda e grupo de gaitas e baile da A.R.C.E.Pedras Miúdas de Lires.

Xa o xoves, á mesma hora, será a quenda do grupo de pandereteiras Ruidheira da AA.VV. As Caldeiras de Gures, Escola de Danza Breogan da S.D.C. de Brens Grupo de gaitas e pandereteiras das AA.VV. de Toba e grupo Mestura Folk de Brens.

A actividade non decae na fin de semana con máis verán Cultural en clave de música (concerto-teatro, habaneras ou folk).

Galería de Rafa Quintáns

Novas relacionadas