Xoves. 24.10.2019
El tiempo

O teatro, de novo o gran protagonista dun verán cultural sen parada de Cee

O teatro, de novo o gran protagonista dun verán cultural sen parada de Cee

Xa presentou o departamento de cultura de Cee, dirixido por Víctor Castiñeira, o seu completo programa para o Verán Cultural. E volve ser o programa Á EsCeena, o gran protagonista. A V Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee herdeira da mítica Mostra de Teatro, finada en 2012 tras 25 anos en marcha achegará do luns 19 ó domingo 25 de agosto 7 espectáculos de primeira orde, comezando, como non, pola compañía da casa, Talía Teatro.

Pero antes, o mes de xullo vén cargado de propostas.

Por exemplo, estes xoves 18 de xullo (ás 22:00) e venres 19 e sábado 20 (ás 22:30h) Théâtre Jaleo (Francia) presenta o seu cabaret Edén na Praza do Concello (obra para maiores de 5 anos).

O domingo 28 de xullo, Brens acolle desde as 19.00 horas o XXIX Festival de Baile Folclórico organizado pola S.D.C. Brens, no marco das Festas do Apóstolo. Ademais, ese mesmo domingo a Casa de Cultura de Ameixenda acolle, ás 21.00 horas a obra do Grupo A Misela de Noia.

Agosto de exposicións e música

Comezan as actividades de agosto o sábado 3 na mesma praza co IX Memorial Manuel Rebollar coa participación das bandas (a partir das 19:30h).

O domingo 4, ás 21.00 horas, inaugúrase na Sala de exposicións da Casa de Cultura a exposición "Arquitectura e territorio na Costa da Morte. Unha ollada de CREUSeCARRASCO”.

Pola semana do luns 5 ó mércores 7, haberá contacontos ás 12.00 horas na Casa da Cultura.

Ademais, o luns 5, ás 21:30h, a Praza da Constitución acolle un micro-festival con presentación de libros a cargo de Laura Suárez (ilustradora), e Suso Bahamonde (poeta). As 22.00 horas, recital poético e a continuación actuación do grupo Inversos, para rematar cunha proxección sobre a fachada do Museo Fernando Blanco.

O martes 6, mércores 7 e sábado 8 a Casa da Cultura acollerá sendos festivais dos grupos locais a partir das 21:00h. E o venres ás 21:30h, Carmen, concerto escenificado a cargo de Camerata Lírica.
O sábado 10, XVIII Certame de Habaneras no Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas; e o domingo 11, concerto folk con Añoranza a partir das 21:30h.
Non para a actividade tampouco o luns 12, coa actuación Grupo de Teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco presenta "Extraña parella" a partir das 21:00h.

O martes 21, ás 12.30 horas na Casa da Cultura, pesentación e visionado da curtametraxe Mariña dirixida por Federico Alejandro Rioboo.

Á EsCEEna!: V Semana de Teatro e das Artes Escénicas do Concello de Cee

Do luns 19 ó domingo 25, o Auditorio Baldomero Cores, terá 7 citas a partir das 21.30 horas. Xa poden facerse cos bonos (30 € polas 7 funcións; se ben a entrada bonif. pensionistas, estudantes e desempregados é de 20 € polas 7 funcións). As taquillas abrirán 45 minutos antes de cada función.

  • Luns 19: VIDA DE CANS de Talia Teatro. Versión e dirección: Cándido Pazó. Con: Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo.
  • Martes 20: AUGA QUE NON VAS BEBER... de Fantoches Baj acompañados poña Coral Costa da Morte. Autor e dirección: Ignacio Vilariño. Con: Ignacio Vilariño e Almudena Vidal.
  • Mércores 21: COMMEDIA, de Contraproducións. Dirección: Cándido Pazó. Con: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi e Sergio Zearreta.
  • Xoves 22: MAcBETH, O RUIDO E A FURIA de Estudo Momento. Dirección: Xoan Carlos Mejuto e Iria Ares.
  • Venres 23: BERNARDA (VILABA, 1975), de Malasombra. Texto e dirección: José Prieto. Con Celia González, Luisa Merelas e Esther Aja.
  • Sábado 24: NORMAS PARA SABER VIVIR NA SOCIEDADE ACTUAL, de Sarabela Teatro. Texto: Jean Luc Lagarce. Dirección: Anxeles Cuña. Con: Fina Calleja, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Elena Seijo e Vadim Yukhnevich .
  • Domingo 25: PAPAR SEN CANCELAS, de Culturactiva. Producciones (Madrid). Textos: Xurxo Barcala, Diego Rey, Avelino González e Jose Prieto. Dirección: Diego Rey. Con: Fran Rei, Isabel Risco e Pedro Brandariz.
  • Luns 26: A CASA DE BERNARDA ALBA, pola Escola Municipal de Teatro (grupo Xuvenil). Auditorio Baldomero Cores, 21.30 horas.

Agosto remata na rúa

Do 27 ó 30 de agosto, as citas coa Animación de rúa na Praza da Constitución no marco do programa Cultura no Camiño 2019:

  • Martes 27 ás 20.15 horas: MAXIA CÓMICA, a cargo da compañía Les Artuáns. Dos creadores Antuan de la Cream e Arturo Nono, agora unidos nun mesmo show, nace Les Artuans.
  • Mércores 28 ás 20.15 horas: CÓDIGO. Espectáculo de maxia de Dani García.
  • Xoves 29 ás 20.15 horas: SONÁMBULO, de Antón Coucheiro.
  • Venres 30 ás 20.15 horas: OH!LIMPIADAS coa compañía Sincronacidas. Obra galardoada co Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa no FETEN 2019.

Comentarios