Despois de semanas de mobilizacións, a Xunta anuncia a licitación do servizo de Limpeza do Hospital de Cee
Despois de varias semanas de mobilizacións (o pesoal de limpeza do Hospital de Cee, así como o de Ribeira e Vilagarcía, están externalizados e pedían unha equiparación salarial) a Xunta de Galicia vén de anunciar a licitación do servizo de limpeza do Hospital Público de Cee, por un importe de 1.603.343 euros e un período de vixencia de 24 meses.
As empresas interesadas neste contrato teñen de prazo ata o 16 de febreiro para presentar as súas ofertas.
O obxecto do contrato abrangue tanto os exteriores como os interiores do hospital, así como todas as súas dependencias, sendo o total da superficie a limpar de 8.795 metros cadrados , dos que 3.591 son de risco baixo, 4.266 de risco intermedio e 938 de risco alto.
Dende a CIG, sindicato promotor das mobilizacións, aseguran que van estudar presentar alegacións,