xoves. 18.12.2025
El tiempo

Nova semana de folga do persoal de limpeza do Hospital de Cee

2025-12-17_FolgalimpezaHospitalCee_3
Nova semana de folga do persoal de limpeza do Hospital de Cee

As traballadoras e traballadores dos hospitais de Cee, Ribeira e Vilagarcía continúan esta semana co calendario de folgas e mobilizacións para reclamar a equiparación salarial e laboral co persoal que presta o mesmo servizo nos hospitais de referencia das áreas sanitarias. As traballadoras levan semanas mobilizándose, mais a pesar do seguimento case total das folgas e paros, o SERGAS continúa a facer oídos xordos a estas xustas demandas e perpetuando unha situación totalmente discriminatoria.

Nesta semana, no centro hospitalario de Cee, as traballadoras secundan tres días consecutivos de folga de 24 horas que se alongan dende hoxe até o venres pola noite.

O seguimento das folgas está sendo practicamente do 100% do persoal que pode exercer este dereito fundamental, pois non hai que esquecer que o SERGAS impuxo uns servizos mínimos totalmente abusivos que acadan o 100% en urxencias, quirófanos, probas médicas e radioloxía e que a CIG xa recorreu en vía xudicial.

Discriminación salarial e laboral

Os servizos de limpeza neste tres hospitais están externalizados e o persoal réxese polo respectivo convenio provincial da limpeza, polo que teñen condicións salariais e sociais peores que as das compañeiras e compañeiros que realizan o mesmo servizo nos hospitais de referencia, que xa teñen as condicións equiparadas ás do SERGAS.

Máis novas

Comentarios