En perigo a Asociación de Empresarios de Cee por falta de candidaturas

Rematou o prazo de presentación de candidaturas para a Asociación de Empresarios de Cee o pasado mércores día 30 de marzo. E a entidade non recibiu ningunha proposta de candidatura para coller o relevo de Rogelio Antelo.

Deste xeito, a Asociación queda nun momento complicado e convoca a tódolos socios a unha Asemblea Xeral de cara ao vindeiro venres día 8 ás 21:00 horas no Salón de Actos do Concello "para velar pola continuidade desta asociación", como indica a entidade.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

  • Nota de prensa da AECee.