As familias do CEIP Vila de Cee concéntranse este venres contra os recortes e por unha educación inclusiva
Como xa fixeron as familias do IES Agra Raíces, este vernes son as do CEIP Vila de Cee as que saen a protestar polos recortes da Consellería de Educación.
As familias reunirante este venres 12 de setembro ás 9:15 ás portas do centro para esixir a asignación dun mestre auxiliar de Pedagoxía Terapéutica (coñecido habitualmente como PT).
Explican que a día de hoxe o colexio ceense, que conta con aproximadamente uns 300 alumnos, dos que hai un amplio ratio de crianzas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) e Necesidades Educativas Especiais (NEE).
Dende o centro solicitouse antes de comenzar o curso un segundo PT, pero tras a insistencia, no canto de ofrecer un especialista, ofrecen media xornada dun mestre de Educación Primaria (a día de hoxe, co curso iniciado, está persoa aínda non foi nomeada oficialmente e por tanto aínda non está traballando), perfil moi diferente o que se require.
”Vendo a desidia coa que a Xunta trata o noso centro e o pouco que lle importa manter unha educación pública de calidade ademais de inclusiva, convocamos para mañán venres as 9:15 díante do centro unha concentración en protesta pola falta de profesionais”, explican as familias.