xoves. 11.09.2025
El tiempo

As familias do CEIP Vila de Cee concéntranse este venres contra os recortes e por unha educación inclusiva

Concentracion ANPA CEIP Vila de Cee contra os recortes
Concentracion ANPA CEIP Vila de Cee contra os recortes
As familias do CEIP Vila de Cee concéntranse este venres contra os recortes e por unha educación inclusiva

Como xa fixeron as familias do IES Agra Raíces, este vernes son as do CEIP Vila de Cee as que saen a protestar polos recortes da Consellería de Educación.

As familias reunirante este venres 12 de setembro ás 9:15 ás portas do centro para esixir a asignación dun mestre auxiliar de Pedagoxía Terapéutica (coñecido habitualmente como PT).

Explican que a día de hoxe o colexio ceense, que conta con aproximadamente uns 300 alumnos, dos que hai un amplio ratio de crianzas con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) e Necesidades Educativas Especiais (NEE).

Dende o centro solicitouse antes de comenzar o curso un segundo PT, pero tras a insistencia, no canto de ofrecer un especialista, ofrecen media xornada dun mestre de Educación Primaria (a día de hoxe, co curso iniciado, está persoa aínda non foi nomeada oficialmente e por tanto aínda non está traballando), perfil moi diferente o que se require.

”Vendo a desidia coa que a Xunta trata o noso centro e o pouco que lle importa manter unha educación pública de calidade ademais de inclusiva, convocamos para mañán venres as 9:15 díante do centro unha concentración en protesta pola falta de profesionais”, explican as familias.

Máis novas

Comentarios