Gemma Román presenta no comercio de Cee o seu novo disco
Gemma Román presenta novo disco. A soprano tomellosera afincada na comarca, prepara unha posta en escena moi singular, convertindo a emblemática boutique "El Clavel", especializada en alta lencería e corsetería, o escenario dun exclusivo encontro entre a moda e a música lírica.
O establecemento ceense acollerá este domingo un evento privado que incluirá entre outras cousas a presentación do novo traballo discográfico de Gemma Román, gañadora dos premios Mans futuro en xuño deste ano lanzou os seus dous primeiros singles e o formato físico do álbum "Luna de sol". Agora con motivo das datas do Nadal regálanos o Ep "Luna de sol navideña" un traballo que inclúe os temas "Arrolo de Domaio" que é unha nana popular galega cun arranxo do compositor e pianista Granadino Hector Eliel Marquez, e que no disco é interpretada ao piano por Andreano Muñoz. "Nana oriental" é o tema que Gemma redeseña e arranxa para dedicar á súa filla Estela, un tema interpretado e arranxado tamén por Pablo Ruibal á viola da gamba e Victor Blanco á arpa, que a cantante asegura cantar á súa filla a modo de nana case todas as noites.
Finalmente, este Ep inclúe de forma totalmente exclusiva "Nana" de Falla acompañada ao piano polo seu esposo Miguel Blanco
A velada sumará ao talento da soprano a mestría de Miguel Blanco ao piano e Estela Blanco á frauta, creando unha atmosfera sonora excepcional. Con esta iniciativa, El Clavel reafirma o seu compromiso coa cultura rexional, fusionando a sofisticación das súas coleccións coa voz destes tres intérpretes que ademais son familia.
"É unha honra recibir a Gemma Román xunto a Miguel e Estela Blanco; este evento celebra a elegancia e o talento manchego na súa máxima expresión", comentan desde a xerencia de El Clavel.
No evento sortearanse dous exemplares discográficos en formato físico do álbum "Luna de sol" e poderanse escoitar os temas do Ep e o single "Quirpa Guatireña" que ese mesmo día 21 lanzarase ás plataformas dixitais.
Aínda teremos que esperar un pouco máis para poder gozar do álbum completo nas plataformas dixitais, pero mentres tanto o público pode adquirir o formato físico asinado pola artista a través das súas redes sociais.