mércores. 13.11.2024
El tiempo

A soprano Gemma Román ultima o primeiro disco en solitario en Estudios Mans

Gemma Soprano nos Estudos Mans
Gemma Soprano nos Estudos Mans
A soprano Gemma Román ultima o primeiro disco en solitario en Estudios Mans

A consolidada soprano solista Gemma Román, natural de Tomelloso pero residente en Corcubión, xunto co seu grupo Afecto y Desdén, continúan en marcha. Víctor Blanco toca a guitarra e a arpa barrocas, Pablo Ruibal a viola da gamba e Uxía Delgado a teorba. Despois de encher durante dous anos consecutivos a igrexa de San Julián de Moraime de Muxía e actuar noutros escenarios, o grupo séntese orgulloso de ter sido seleccionado e de poder colaborar nesta edición de Dinamiz-ARTj.

Actualmente ultima os detalles do seu primeiro disco en solitario nos herculinos Estudios Mans, froito do Premio á Excelencia Musical Mans Futuro 2023, que poderá adquirirse fisicamente nas presentacións que fará nalgúns concellos da Costa da Morte e que posteriormente será dispoñible en plataformas dixitais como Spotify ou Amazon Music.

Canta, Cecilia, Grita

O próximo proxecto no que colaborará comezará este martes día 15 ás 18:30 horas no antigo cárcere de Corcubión. Un proxecto audiovisual da artista Cecilia Barriga coa que traballará formando un coro de mulleres que cantarán contra a violencia de xénero. Unha canción curativa que se mostrará o 25N.

Campamento de Nadal

Gemma, que tamén é deseñadora, organiza xunto co concello o campamento "Vestir aos Reis Magos" que terá lugar as semanas do 4 e 11 de novembro en horario de mañá de 10:30 a 13:30 horas. 

Novo Concerto 

Gemma con Afecto y Desdén ofrecerán un concerto o 21 de novembro en As Pontes, da Casa Dopeso.

A carreira

A soprano profesional chegou á Costa da Morte en 2008 e continuou o seu traballo como cantante en eventos musicais que viña desenvolvendo na súa terra natal. Durante máis de 10 anos colaborou de xeito totalmente altruísta coa Coral Polifónica da Costa da Morte, participando como solista en moitos concertos, misas e coa que gravou 2 discos e colaborou noutros dous a través da Unidade Pastoral de Cee.

Gemma actualmente traballa dando concertos cos seus grupos Afecto y Desdén, Alfolí, Vento Dolce, Gaudeamus e para o coro da ópera de Oviedo. Ademais, xunto a Miguel Blanco forma o dúo Madrigalia G&M, actuando en todo tipo de eventos. Neste dúo colabora ás veces Estela Blanco, filla de ambos, que o vindeiro curso (se todo vai ben) rematará a carreira profesional de frauta.

Na actualidade segue colaborando coa coral Airiños de Quenxe de Corcubión (localidade onde vive) e séntese agradecida tanto a Cee como a Corcubión porque sempre a recibiron moi ben.
 

Máis novas

Comentarios