Luns. 29.04.2024
El tiempo

A soprano costeira Gemma Román leva un dos Premios de Excelencia Musical Mans Futuro

gemma Roman nun concerto na Costa da Morte por VH
gemma Roman nun concerto na Costa da Morte nunha foto de Víctor Hugo
A soprano costeira Gemma Román leva un dos Premios de Excelencia Musical Mans Futuro

Coincidindo coa celebración de Santa Cecilia, a patroa da música, a soprano Gemma Román González recibiu unha boísima nova. Vén de ser recoñecida cun dos XVII Premios de Excelencia Musical Mans Futuro, promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza – Estudios Mans.

”Presenteime porque unha das miñas profesoras animoume a presentarme, porque son uns prenios á Excelencia, e só se poden presentar alumnos do Conservatorio Superior co altas calificacións”, explícanos. “Vin que cumplía os requisitos, e pedinlle que me acompañaran aos músic@s Uxía Delgado, Víctor Blanco, Pablo Ruibal, Andreina Muñoz, que se mostraron moi predispostos a acompañarme, e fumos presentar “Yo soy la locura”, unha de música antiga, e despois co piano de Andreína, unha de Hendel, e un Aleluya de Mozart”. “E parece ser que gustou”, sorri orgullosa.

A soprano, natural de Tomelloso pero residente en Corcubión dende fai moitos anos, poderá gravar un disco cun repertorio de 45 minutos coa máxima calidade, así como un vídeoclip dun dos seus temas.

Chegou hai moito tempo á nosa comarca “un pouco por amor e outro por casualidade. Tiñamos claro eu e o meu marido que queríamos vivir preto do mar, polo que el pediu traslado e lle deron o IES Agra Raíces. E aquí estamos felices”.

Actualmente compaxina a música, dando concertos e clases particulares, con algunha cousa puntual de deseño de moda. De feito, estes meses está en Oviedo, participando ata xaneiro na temporada da reputada Ópera ovetense. Xa participou na obra Goyescas e en breve comezan coa mítica Traviata que xa ten case todo o papel vendido.

De feito, a proba final para os Premios, foi todo un desafío. “Foi un palizón porque estaba en Oviedo, e tiven sorte que me coincidiron as datas, pero xusto o día anterior tiven concerto, polo que tiven que madrugar, e saír correndo cara Coruña. E non é o mesmo un instrumento externo, que cando o teu instrumento está dentro. Foi un pouco locura”, sinala.

Ten actuado na Costa da Morte en varias ocasións, como este verán en Moraime co seu grupo de música barroca Afecto y desdén

Aquí podedes ver o vídeo do proxecto:

Novas relacionadas

Comentarios