Gures estrea a tempada de incendios

Parece que tiña que chegar. O primeiro incendio forestal da temporada estival na Costa da Morte está sendo en Gures, Cee. Ás 14:00h empezou o lume xusto ao carón da praia, por razóns aínda non descubertas, e o forte vento expandiuno polo monte arriba mesmo poñendo en perigo a varias casas.

Dende o primeiro momento, unha cuadrilla do Distrito V de Vimianzo traballou arreo para afogalo, e arredor das 17:00h xa estaba controlado e case extinguido.

Un suceso que chega apenas unha semana despois de que axentes forestais de todo o país denunciaran, un ano máis, a falta de traballos de prevención por parte da Xunta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).