Gures estrea a tempada de incendios
18:12 09/06/15
Parece que tiña que chegar. O primeiro incendio forestal da temporada estival na Costa da Morte está sendo en Gures, Cee. Ás 14:00h empezou o lume xusto ao carón da praia, por razóns aínda non descubertas, e o forte vento expandiuno polo monte arriba mesmo poñendo en perigo a varias casas.
Dende o primeiro momento, unha cuadrilla do Distrito V de Vimianzo traballou arreo para afogalo, e arredor das 17:00h xa estaba controlado e case extinguido.
Un suceso que chega apenas unha semana despois de que axentes forestais de todo o país denunciaran, un ano máis, a falta de traballos de prevención por parte da Xunta.
Novas relacionadas
- Os axentes forestais critican, un ano máis, a falta de prevención.
- Unha de prevención: A Xunta gastou no lume do Monte Pindo 14 veces máis do que invertira anteriormente.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).