O IES Fernando Blanco abre o prazo de inscrición na Educación Secundaria para Adultos
Esta é unha formación dirixida a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obtero título de graduado en educación secundaria e poidan acudir en horario de tarde-noite.
Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
Segundo informan dende o centro, poderanse validar diferentes cursos ou materias, dependendo
dos estudos de EXB ou ESO que se certifiquen e as persoas que posúan estudos sen validar ou homologar poden tamén cursar estes estudos a través dunha proba para adscribilos ao seu nivel correspondente.
Ademáis desta formación, no IES Fernando Blanco de Cee tamén se ofertan ensinanza para a aprendizaxe de castelán e galego para persoas migrantes. Trátase de Ensinanzas Non Regradas impartidas en horario de tarde destinadas á poboación migrante, maiores de 16 anos. Para estas ensinanzas a matrícula estará aberta durante todo o curso 2025-2026.
Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto co centro no 881 880 467 ou no enderezo electrónico ies.fernando.blanco@edu.xunta.gal.