O IES Fernando Blanco conta con 55.000€ para dotar tecnoloxicamente as aulas do seu FP

Equipo de mantemento de FP do IES Fernando Blanco do curso pasado

Só foron 14 os proxectos seleccionados en toda Galicia. Un deles é o proxecto ElevAula 4.0 presentado polo departamento de Instalación e mantemento do IES Fernando Blanco. Trátase da convocatoria de Espazos de tecnoloxía aplicada na FP, un programa a través do cal a Consellería de cultura, educación e universidades dota aos centros públicos con 55.000€ para que poidan realizar a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional.

Con este proxecto galardoado “pretendemos crear un espazo no que se unen o mundo dos elevadores coa industria 4.0 en tanto a fabricación aditiva. Pensamos que este sector necesita un pulo neste eido e máis, vendo a situación actual dos mercados tecnolóxicos”, explican dende a dirección.

”Queremos formar aos alumnos dun xeito que, adquiran a competencia profesional para desenvolver este traballo, pero cunha autonomía tal que sexan capaces de fabricar todo tipo de pezas e compoñentes no menor tempo e co menor custo ante unha situación de rotura de stock ou prezos elevados dos fabricantes”.

Novas relacionadas