Martes. 05.11.2024
El tiempo

Unha ceense e un carballés, gañadores nas súas especialidades dos premios GaliciaSkills 2021

GaliciaSkills Coidadora
Imaxe dunha participante no campionato de Coidados Auxiliares de Enfermería no GaliciaSkills
Unha ceense e un carballés, gañadores nas súas especialidades dos premios GaliciaSkills 2021

A Galiciaskills 2021 é o 6º Campionato Galego de Formación Profesionail. Participaron este pasado venres no IES San Clemente de Santiago, ducias de alumn@s de toda Galicia nas diferentes especialidades, nun certame que serve para potenciar a FP.

E entre a lista de gañador@s temos dous representantes costeiros. Andrea Casteje Canosa, do IES Agra Raíces de Cee, foi a campiona da especialidade de Coidados Auxiliares de Enfermería e Atención Sociosanitaria.

Pola súa parte, Martín Cambón Recarey, alumno do IES Isidro Parga Pondal de Carballo resultou gañador da medalla de ouro da competición de GaliciaSkills 2021 na especialidade de Administración de sistemas en rede. Realizou un desafío que consiste en simular un sistema complexo de comunicacións empregando equipamento informático, elementos de comunicación e software de aplicación, sempre co obxectivo de garantir que se manteñen os servizos e as comunicacións coas necesarias medidas de seguridade.

Galicia Skills administrador redes
Así foi a competición en Administración de redes

Comentarios