6 institutos da comarca volven sacar este xoves a Ciencia ao pavillón de Cee

Pablo Mira, un dos coordinadores do IES Fernando Blanco, cun alumno no Día da Ciencia na Rúa de 2023

O IES Fernando Blanco de Cee organiza para este xoves 29 de maio o III Día da ciencia na rúa no pavillón de Cee, de 9.30 a 13.30.

Trátase dunha iniciativa na que o alumnado de diversos centros explicará máis de trinta experiencias vinculadas ao campo da ciencia, a tecnoloxía, a matemática, os primeiros auxilios, a mecánica dos coches, etc.

Nesta edición tomarán parte seis institutos da Costa da Morte: IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces, IES Manuela Rial (os tres de Cee), IES Ramón Caamaño (Muxía), IES Fin do Camiño (Fisterra) e IES Lamas de Castelo (Carnota).

Estímase que ao longo da mañá pasen polo pavillón uns 500 rapaces e rapazas, se ben pode acudir calquer persoa que o desexe.

Así foron outras edicións