Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A ciencia escolar invadiu o pavillón de Cee

Dia ciencia na rúa Cee 2
A ciencia escolar invadiu o pavillón de Cee

O pavillón de Cee volveu convertirse este mércores 29 de maio, como o ano pasado, nun auténtico macrolaboratorio escolar. Medio millar de alumnos e alumnas chegadxs de varios institutos da comarca, participaron no II Día da Ciencia na rúa.

Artellado polo alumnado do IES Fernando Blanco, a xornada contou coa presenza de grupos do IES Agra de Raíces, o CPR Manuela Rial (ambos de Cee), o IES Lamas de Castelo (Carnota), o IES Fin do camiño (Fisterra) e o IES Ramón Caamaño (Muxía).

”Este ano saiu todo a pedir de boca e, en principio, todos os centros marcharon satisfeitos e con gañas de repetir para o ano”, relata fachendoso Pablo Mira, un dos mestres coordinadores da xornada.

Dia ciencia na rúa Cee

Foron moitos os grupos que levaron as súas propostas, para compartir os experimentos co resto de centros e compañeir@s. Houbo dende un simulador de ascensor, unha máquina que resolve sudokus, un panel de neumática, como funcionan algúns elementos dun coche, un levitador ultrasónico, experimentos de magnetismo, óptica e mecánica, un rosco científico, ata a construción dun reloxio de sol, un obradoiro de instrumentos musicais, un obradoiro de cosméticos naturais, creación de “pasta de dentes de elefante”, experiencias con termoeléctricos, unha maqueta dunha célula, diversos proxectos de tecnoloxía, diversos xogos matemáticos, que é unha braquistócrona, medidas de pH, e moitas actividades máis.

Máis novas

Comentarios