Isi e Isabel Risco farán rir a todo Cee
22 de xuño de 2011 (09:50 h.)
Este sábado 25 de xuño ás 22.00h, o Salón de actos do Concello de Cee, acollerá unha sesión humorística de altura. Grandes actores do país, como son Isabel Risco e Isi, habituais do Land Rover da TVG, farán rir aos amantes do sorriso durante unha boa hora e media.
A xira de Star Tres comenzou en xaneiro e leva percorrida boa parte de Galicia . I é que conta habitualmente coa presencia de David Perdomo, o rei Koruño, pero este non pode acodir a Cee por atoparse en Madrid realizando unhas gravacións.
A entrada para o público será de 6 €. A taquilla estará aberta desde unha hora antes.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.