Máxima emoción na clausura do Mes da Fundación Fernando Blanco
Máxima emoción a vivida este sábado en Cee co acto de clausura da XII Edición do Programa O Mes da Fundación.
"Se D. Fernando Blanco de Lema tivera a oportunidade de presenciar o vivido onte no Instituto Fernando Blanco de Cee, sen dúbida estaría moi feliz ao comprobar que a súa vila non o esqueceu e que, por sempre, terao presente". Así de emotivo se amosa Darío Areas, armadanzas da entidade, tras vivir unha data tan especial como a deste domingo 26 de outubro, que "quedará marcado como unha data especial na historia da centenaria Fundación Fernando Blanco de Lema pois, por primeira vez, celebrouse un acto xusto de recoñecemento a tódolos integrantes que formaron parte da entidade ceense dende a creación do seu Padroado o 21 de xaneiro de 1960".
Comezou o acto coa intervención do propio Areas como Secretario da Fundación e técnico do Museo Fernando Blanco, o cal falou sobre as tres datas das que neste ano 2025 cómprense o seu 150 aniversario: a sinatura do testamento do mecenas na Habana o 2 de abril de 1875, o seu pasamento o 5 de abril de 1875, e o nacemento da Fundación ese mesmo día.
Areas fixo unha viaxe temporal, e analizou as distintas cláusulas contidas nas últimas vontades do prócer, facendo especial fincapé na que establecía que en Cee se edificase un colexio de primeira e segunda ensinanza, disposición que daría lugar á inauguración do Instituto Fernando Blanco no 1886 e da Escola das Nenas un ano mais tarde, no 1887.
Explicou ademais a etapa da entidade baixo o control dos testamenteiros e como ano 1961, a raíz dunha serie de problemas, establecíase a crecaión do Padroado da entidade.
Para o peche estivo a baiesa Antía Muíño, acompañada do saxofonista Miguel Arribas, que interpretaron 6 temas musicais, antes de dar paso, como broche de ouro a tan emotiva xornada, coa ofrenda floral no sepulcro da capela doInstituto onde repousan os restos de D. Fernando Blanco de Lema.
28 persoas homenaxeadas
Pero os grandes protagonistas foron un total de 28 persoas ás que dende entón formaron parte do mesmo, e a todas elas, ben a título póstumo (13) ou ben a título persoal (15), rendéuselles unha merecida homenaxe polo seu compromiso e traballo altruísta, grazas ao cal a Fundación hoxe pode presumir de século e medio de historia.
O diploma que se lles entregou ten de fondo o gravado que de Fernando Blanco de Lema elaborou o mallorquín Bartolomé Maura inspirándose nun dos retratos que do fundador fixo Federico de Madrazo. Ademais figuran dúas fotografías antigas dos dous centros educativos erixidos en Cee, así como o nome e apelidos dos distintos patróns, o cargo que desempeñaron, o período no que formaron parte da entidade, é unha frase pronunciada por Dionisio Barreda, primeiro Director do Instituto, o 2 de outubro de 1886, no acto da súa inauguración é que resalta o agradecida que debe estar a vila de Cee polo infinito amor que o fundador tivo por ela.
- D. MANUEL TRILLO FREIRE (PRESIDENTE no ano 1960)
- D. JOSÉ TRIGO GARCÍA (SECRETARIO no período de 1960 a 1964)
- D. JUAN LOURO DEL RÍO (Vogal no período de 1960 a 1961
- D. JOSÉ ANTONIO TRILLO DURÁN (PRESIDENTE no período de 1960 a 1969)
- D. DOMINGO QUINTÁNS TRILLO (VOGAL no período de 1961 a 1965)
- D. ANTONINO CASTRO GARCÍA (SECRETARIO no período de 1965 a 1982)
- D. ÁNGEL SANTAMARÍA DÍAZ (VOGAL no período de 1965 a 1970)
- D. JOSÉ SÁNCHEZ GARCÍA (PRESIDENTE no período de 1969 a 1979)
- D. JOSÉ LUÍS FERNÁNDEZ MOSQUERA (VOGAL no período de 1970 a 1975)
- D. JOSÉ MUÑIZ TORREIRA (VOGAL no período de 1975 a 1981)
- D. MANUEL LAMELA LESTÓN (PRESIDENTE no período de 1979 a 1987 e de 1995 a 2001)
- D. JOSÉ CESPÓN ABELLEIRA (VOGAL no período de 1981 a 1988)
- D. MANUEL VÁZQUEZ FORMOSO (SECRETARIO no período de 1983 a 2007 e TESOUREIRO no período de 2007 a 2017)
- D. MANUEL CASTRO CASTRO (PRESIDENTE no período de 1987 a 1995)
- D. CAMILO SOTO DOMÍNGUEZ (VOGAL no período de 1988 a 1990)
- Dª ELVIRA DÍAZ REINANTE (VOGAL no período de 1990 a 1998)
- D. JOSÉ ANTONIO DOMÍNGUEZ GARCÍA (PRESIDENTE no período de 2001 a 2007)
- D. JESÚS CASAS CAMINO (VOGAL no período de 2007 a 2011)
- D. RAMÓN RAMIRO VIGO SAMBADE (PRESIDENTE no período de 2007 a 2012 e de 2015 a 2019)
- Dª MARÍA DEL MAR CASTRO BUGEIRO (VOGAL no período de 2011 a 2015)
- Dª CHELO TRILLO LAGO (VOGAL no período de 2011 a 2020 e PRESIDENTA no período de 2020 a 2023)
- Dª ZAIRA RODRÍGUEZ PÉREZ (PRESIDENTA no período de 2012 a 2015)
- Dª. MARGARITA LAMELA LOUZÁN (PRESIDENTA no período de 2020 a 2021)
- Dª. SONIA BELÉN LÓPEZ BUGEIRO (VOGAL no período de 2023 a 2025)
- Dª. EVA GARCÍA CAAMAÑO (VOGAL no período de 1998 a 2011 e PRESIDENTA no período de 2020 a 2023)
- D. DARÍO AREAS DOMÍNGUEZ (SECRETARIO no período de 2007 ata a Actualidade)
- D. DESIRE KOUAKOU TANOH (TESOUREIRO no período de 2017 ata a Actualidade)
- Dª SOFÍA CRESPO MERELAS (VOGAL no período de 2025 ata a Actualidade)