mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Mes da Fundación arrincou viaxando á época viquinga

Irene García Losquiño no Mes d Fundacion en Cee-Foto-VH
Irene García Losquiño abriu o Mes da Fundación en Cee-Foto-VH
O Mes da Fundación arrincou viaxando á época viquinga

Deu inicio este sábado, no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee, a 11ª Edición do programa Educativo Cultural O Mes da Fundación Outubro 2024.

O relatorio inaugural correu a cargo de Irene García Losquiño baixo o título "A Escandinavia vikinga e os seus contactos interculturais".

Irene García Losquiño (Elche, 1984) é Investigadora María Zambrano na Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Estudos Escandinavos e Máster en Estudos Medievais pola Universidade de Aberdeen (Escocia). É investigadora e especialista na Idade Viquinga e liderou proxectos interdisciplinares que se centran na presencia viquinga na Península Ibérica en comparación con outras áreas como Inglaterra ou Normandía.

Ademais de ter sido profesora de universidade e investigadora en diversas institucións suecas, americanas, escocesas e españolas, participou tamén no documental Real Vikings da productora do exitoso drama televisivo Vikings. Actualmente exerce como investigadora no centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas (CISPAC).

É, ademais, Comisaria da Exposición “Unha vida vikinga”, que dende xullo deste ano, e ata xaneiro do próximo ano, podemos desfrutar na Cidade da Cultura de Santiago, sendo unha das maiores exposicións realizadas no noso país sobre a cultura viquinga, e abarcando ao redor de 120 pezas históricas e arqueolóxicas procedentes de destacadas institucións museísticas de Suecia, Dinamarca, Francia e España.

Viaxe ao século VIII

En canto á conferencia, Irene falou de como cara a metade do século VIII, a acumulación dunha serie de cambios en Escandinavia da comezo ao que denominamos como era viquinga.

Abordou de como dende diferentes partes do norte europeo fraguouse unha impresionante rede de contactos comerciais, de violentas incursións, de migracións, e de relacións interculturais.

E así explorou, polo tanto, ese movemento diaspórico que caracteriza á era viquinga, prestando especial atención á súa presencia na nosa terra, en Galicia.

Seguinte cita

O mércores 9 de maio da inicio a sección dedicada aos centros educativos do Concello cunha dobre sesión de ciencia divulgativa a cargo de David Ballesteros. Participarà o alumnado de terceiro e cuarto da ESO e o de primeiro e segundo de Bacharelato.

O programa conta co patrocinio da Deputación provincial da Coruña e de XEAL.

Máis info

 

Comentarios