Mercadona xa mercou dúas parcelas no Parque Empresarial de Cee

Moito movemento estes días en Cee. Se a fáctoría de tubos xigantes segue acaparando a actualidade, hoxe vimos de coñecer que xa está en marcha a chegada de Mercadona a Cee. A empresa valenciana vén de mercar dúas parcelas no Parque Empresarial de Cee, sendo o gran supermercado o primeiro en instalarse o polígono ceense tras 5 anos de espera.

Serán 25 postos de traballo directos, e o que se ve como máis importante dende o Concello, "pode ser o gran motor que dinamice o polígono e tire por outras moitas empresas".

Mercadona mercou as parcelas 36 e 37 do parque empresarial de Cee á empresa pública Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), superando os 12.000 metros cadrados, por un custe de máis de 1,6 millóns de euros. O investimento que prevé realizar a empresa adquirente supera os 5,6 millóns de euros, aparte do prezo pagado polas parcelas adquiridas no parque empresarial de Cee.

O prezo final facéndoo os cálculos, sae a 128 €/m2, moi lonxe do 40 €/m2 que se prantexaron dende o inicio. Pero é que a entidade mercou tamén solo fóra do polígono para construir un acceso directo dende o cruce de Xallas, ao carón da Peugeot.

As escrituras de compravenda das súas parcelas asinaranse de inmediato para facilitar a implantación da empresa adquirente neste parque empresarial.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.