O Polígono de Vimianzo existe


Non era sen tempo, pero parece que está en marcha a primeira instalación dunha empresa do Polígono Empresarial de Vimianzo. A Panadería Ignacio, toda unha potencia na materia levando pan vimiancés por todo o país e mesmo a través da rede, xa informa de que as obras de construción da súa nave están en marcha.
O Parque Empresarial vimiancés, que leva listo para acoller empresas dende 2008, non recibía visita algunha dende a rave celebrada hai dous anos. As parcelas son pasto das herbas e xa case nin cables teñen ante os continuos roubos.
I é que alto prezo das parcelas e a falta de empresas interesadas foi clave para que se manteña deserto durante tanto tempo. Ao igual acontece en outros puntos como Cee, no que co polígono xa rematado, non se dá inaugurado ante a falta de empresas.
Será que habería que ter pensado antes de comezar a construir se ía haber empresas interesadas?
Novas relacionadas
- Un parque empresarial sen empresas .
- Un Plan que non revive á Costa da Morte.
- Os empresarios piden información sobre a situación legal do parque empresarial de Vimianzo.
- Fran Hermida Sen Xeito: Polígonos.
Máis novas
- Traballarnacosta: Unha fiestra aberta á demanda e oferta laboral.
- A Costa en verde: Cheo, ¿por favor?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).