O Mes da Fundación arrinca cunha conversa sostible co mariñeiro Rogelio Santos Queiruga
07 de outubro de 2022 (09:39 h.)
Arrinca o completo programa do Mes da Fundación Fernando Blanco. Faino en clave de mar, coa charla este sábado 8 de outubro no Salón de Actos do Concello de Cee dun dos mellores divulgadores da nosa riqueza marítima.
Rogelio Santos Queiruga leva anos enchendo de sabedoría de mar o twitter e ou Youtube, convertindo nunha das voces do sector que máis espallan a mensaxe da sostibilidade.