Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco comeza o seu Outubro de actividades

Mes da Fundacion Fernando Blanco
A Fundación Fernando Blanco comeza o seu Outubro de actividades

Ponse en marcha a 9ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2022”. A Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee, coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, desenvolverá ao longo de todo o mes de outubro unha serie de actividades para celebrar este mes cargado de simbolismo para a Fundación e para a vila de Cee, pois nel aconteceron dous dos feitos mais relevantes da historia da vila: o nacemento de Fernando Blanco de Lema un 18 de outubro de 1796 e a inauguración do Instituto que merecidamente leva o seu nome un 2 de outubro de 1886.

A estrutura desta edición é similar a de pasados anos, artellándose un programa específico para os distintos niveis educativos de tódolos colexios do Concello de Cee e outro programa para o público en xeral e que se desenvolverá os sábados 8, 15, 22 e 29 de outubro ás 20:30 horas no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee.

Programa nos Centros

- Venres 14 (11 horas. Casa Cultura Cee). “PIPO, O PAXARO QUE NON SABÍA VOAR”. Contacontos coa COMPAÑÍA TRÉMOLA TEATRO. Alumnado de 1o de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López e C.P.R. Manuela Rial; Infantil, 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. A Igrexa de Brens; Infantil da E.E.I. de Pereiriña; e usuarios de ASPADEX.

- Mércores 19 (12 horas. Casa da Cultura de Cee). “O NOSO LUGAR NO UNIVERSO”. Conferencia a cargo de ÓSCAR BLANCO, Director do Centro Astronómico de Trevinca. Alumnado de 1º de Bacharelato do I.E.S. Agra de Raíces e I.E.S. Fernando Blanco.

- Venres 21 (12 horas. Casa da Cultura de Cee). “O MAR NON SE ACABA. O MAR HAI QUE COIDALO”. Conferencia impartida por ROGELIO SANTOS QUEIRUGA, mariñeiro e divulgador. Alumnado de 1º e 2º da E.S.O. do C.P.R. Manuel Rial; 1º da E.S.O. do I.E.S. Agra de Raíces; e 1º, 2º, 3º e 4º da E.S.O. do I.E.S. Fernando Blanco.

- Martes 25 (11 e 12 horas. Casa da Cultura de Cee). “NAVEGANDO POLO UNIVERSO”. Obradoiros de astronomía (Planetario portátil) con ÍÑIGO DE LA QUADRA-SALCEDO, explorador e divulgador. Alumnado de 5º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López e C.P.R. Manuela Rial.

- Xoves 27 (10, 11 e 12 horas. Casa da Cultura de Cee). “MUNDO BICHOS”. Obradoiros de entomoloxía a cargo de MIGUEL SANTAMARÍA, entomólogo e divulgador. Alumnado de 3º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López e C.P.R. Manuela Rial.

Programa aberto

- Sábado 8 (20:30 horas. Casa Cultura Cee). “O MAR NON SE ACABA. O MAR HAI QUE COIDALO”. Conferencia impartida por ROGELIO SANTOS QUEIRUGA. Mariñeiro e divulgador.

Sábado 15 (20:30 horas. Casa da Cultura de Cee). “RESOANDO NO PASADO”. Concerto comentado a cargo de ABRAHAM CUPEIRO. Construtor e multiinstrumentista especializado na recuperación de instrumentos perdidos no tempo.

- Sábado 22 (20:30 horas. Casa da Cultura de Cee). “A LINGUAXE DA FOTOGRAFÍA”. Conferencia de XURXO LOBATO. Fotoxornalista e integrante da Real Academia Galega de Belas Artes.

- Sábado 29 (20:30 horas. Casa da Cultura de Cee). “A DERRADEIRA BALA”. Teatro coa COMPAÑÍA FARÁNDULA VELUTINA.

Comentarios