Momentos de Ameixenda para el cielo

Cruz Caamaño Un pracer descubrir novos talentos na bisbarra. Non hai moito falabamos coa mazaricá Mari Carmen Rey Núñez. Hoxe baixamos ata Ameixenda, para coñecermos a Cruz Caamaño, que acaba de publicar o seu primeiro libro. "Momentos entre el Cielo y la Tierra”, editado por Editorial Albores consta de 112 relatos curtos, aínda que ela prefile chamalos "Momentos", porque diso se trata, de “instantes do día a día cos que pode sentirse identificada calquera persoa”. Tratan diferentes temáticas como asuntos familiares, sentimentais, psicolóxicos, etc... Cóntanos a propia Cruz que a súa primeira andaina no mundo da escritura comezou como un xogo. “A idea xurdiu a partir dun xogo que creei para entreterme e consistía en formar bloques de 12 palabras escolleitas ao azar no libro que estivese lendo nese momento. Cando acababa as faenas diarias, sentábame diante do ordenador para escribir un texto e aí tiña que incluír as palabras adaptándoas ao relato”. Cruz, por agora aínda máis lectora que escritora, leva toda a vida pegada aos libros. “Aínda que na miña época de estudante gozaba cando tiña que facer unha redacción ou un traballo onde tivese que dar renda solta á imaxinación, non foi ata fai dous anos, cando empecei a escribir como unha afección máis, entre outras que teño. É dicir, considérome unha simple afeccionada, unha principiante. Cando levaba uns 80 escritos, o meu marido animoume a publicalo. Nun principio pareceume un disparate, pero a idea foi germinando e ao final decidinme”. O libro é fácil de ler porque está escrito de forma sinxela e o lector pode parar onde lle apeteza sen necesidade de empezar e terminar para saber o final. Xa podedes mercar o libro a través da web da Ediciones Albores, ou tamén no Corte Inglés, A Casa o Libro, ou no Fnac. Así, podemos ir preparándonos para a súa primeira novela, que seguro que en breve se lanza a cubrir páxinas e páxinas. Nós estaremos atentos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).