«Muriel« de María Canosa, Premio Merlín de Xerais de Literatura Infantil 2017

María Canosa co Premio Merlin de Xerais

Saíron esta fin de semana os a href=http://blog.xerais.gal/2017/muriel-de-maria-canosa-premio-merlin-de-literatura-infantil-2017/>#PremiosXerais2017. E un recaeu na bisbarra. Concentramente en Cee, onde a polifacética María Canosa recibía a XXXII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil con 'Muriel', que foi elixida os membros do xurado entre 35 obras e que está dotado por 10.000 euros.

Canosa é licenciada en Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos aínda que leva moito anos dedicándose á literatura. Columnista e colaboradora en varios medios de comunicación, conta cunha ampla obra narrativa infantil e xuvenil.

A súa obra 'Muriel' naceu, segundo a súa propia autora, "da necesidade de dar voz á simpleza e complexidade simultánea de espir os sentimentos" a través dunha historia na que "a amizade e unha simple botella de leite" une aos protagonistas que pasan polas páxinas deste libro.

Xunto a ceesa, Santiago Lopo e Manuel Lourenzo fixéronse cos Premios Xerais 2017.

Novas relacionadas

Fonte