Muros e Cee loitan contra a luz

Este sábado ás 17:00, o Restaurante O´Castelo en Muros acolle unha interesante charla sobre como aforrar no recibo da luz. I é que ante as continuas subidas no prezo da luz que dana as economías da maioría de consumidoras e consumidores resulta necesario buscar fórmulas de abaratar o recibo. Por iso CxG está promovendo unha campaña para entender esta factura e así poder aforrar neste eido.

No acto realizarán un desglose dos diferentes conceptos que forman unha factura eléctrica así como tamén abordaremos diversas pautas para aforrar en consumo enerxético. Contarán con Serxio Sendón, asesor enerxético que tratará de responder ás dúbidas que se prantexen sobre os casos particulares.

No acto intervirán a portavoz municipal de Compromiso por Galicia; María Xosé Alfonso e o Secretario Xeral de CxG; Xoán Bascuas.
O acto tamén se celebrará en Cee, o mesmo día ás 20:30h no Salón de Plenos do Concello. Desta vez intervirán Daniel Oca, Serxio Sendón e Xoán Bascuas, contando coa colaboración da Asemblea Nacionalista de Cee.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).