Música por alimentos no Festival Solidario de Brens

A A.D.C Brens organiza este sábado 22 de febreiro, a partir das18:30, un Festival Solidario en colaboración con Cáritas. A Casa de Cultura de Brens recibirá grupos da nosa bisbarra que, de xeito totalmente altruista, traerán a súa música para invitar á veciñanza a traer alimentos non perecederos para a Unidade Pastoral de Cáritas.

Subirán ao escenario os locais Alex Castro e Tomás Lagoa, As Rinchonas de Corcubión, as Pandereteiras “O Son dos Muíños” de Toba, o Grupo de Gaitas de Pedras Miúdas de Lires eo grupo folk Ghandaina.