Este domingo 22 celebrouse en Brens o concerto do grupo de música tradicional galega "Unto Vello" organizado pola SDC Brens. O evento foi un éxito quedando pequena a Casa de Cultura. Os dous compoñentes do grupo, dous novos talentos, Bieito Pereira e Xabi Gómez; este último con raíces parroquia, Brens, amosaron o seu gran dominio cos instrumentos, destacando entre eles o acordeón; acompañando así os cantos que o grupo foi recollendo por todo o territorio galego, e incluso en terras de Asturias.
O público participou activamente, bailando e cantando; destacando unha das coplas adicadas a Brens