O CIM de Cee convoca unha nova edición do Certame de Poesía Mulleres do noso tempo

Onte abríase o prazo para o III Premio de Poesía López Abente, máis enfocado a poetas consolidados. Pensando na canteira, e na concienciación, volve o VIII Concurso de poesías: “MULLERES DO NOSO TEMPO 2015” que organiza o Concello de Cee en colaboración co CIM.

Rapaces de entre 8 e 17 anos de toda a contorna xa poden, ata o 14 de abril presentar os sus traballos, neste concurso que pretende incentivar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e propiciar que o alumnado dos centros escolares reflexionen sobre a Igualdade.

Os premios serán vales para material didáctico e libros a canxear en calquera das librerías do Concello. Para recibir o premio as nenas e nenos estarán acompañados pola nai/pai ou titor legal. Para máis información consultar as bases en www.concellocee.es.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).