O CIM de Cee convoca unha nova edición do Certame de Poesía Mulleres do noso tempo


Onte abríase o prazo para o III Premio de Poesía López Abente, máis enfocado a poetas consolidados. Pensando na canteira, e na concienciación, volve o VIII Concurso de poesías: “MULLERES DO NOSO TEMPO 2015” que organiza o Concello de Cee en colaboración co CIM.
Rapaces de entre 8 e 17 anos de toda a contorna xa poden, ata o 14 de abril presentar os sus traballos, neste concurso que pretende incentivar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e propiciar que o alumnado dos centros escolares reflexionen sobre a Igualdade.
Os premios serán vales para material didáctico e libros a canxear en calquera das librerías do Concello. Para recibir o premio as nenas e nenos estarán acompañados pola nai/pai ou titor legal. Para máis información consultar as bases en www.concellocee.es.
Novas relacionadas
- Certame 2014: Cee xa ten gañadores do certame poético “Mulleres do noso tempo”.
- Certame 2012: A mulleres do noso tempo repiten poeta.
- Certame 2012: Os poemas da igualdade dos alumnos de Cee e Baio.
Máis novas
- 41072>5 anos recuperando a historia a través de nomes de Muller.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).