O Concello de Carballo lembra as multas por levar soltos os cans e por non recoller os seus excrementos
Segue a ser unha das cousas máis desagrables que teñan as cidades. Pero parece que algúns donos de cans non dan aprendido. Nos últimos días o Concello volveu recibir queixas sobre a presenza de cans soltos en lugares como o Paseo do Anllóns. Xa o ano pasado o PSOE pedía sancións para aqueles donos que non recollen os excrementos dos seus cans. Agora o Concello, ante as reiteradas queixas, vese na obriga de recodar a obrigatoriedade de pasear aos cans con correa polos espazos públicos e de recoller os seus excrementos.
Unha medida necesaria para garantir o aproveitamento e o desfrute dos espazos públicos por parte de toda a sociedade. Por iso o respecto á normativa é fundamental.
Multas
Avisan de que non levar bolsas para recoller as dexeccións supón unha sanción de 50 euros, e deixalas en zonas peonís eleva a multa ata os 250 euros. Ademais levar un can potencialmente perigoso sen bozo ou sen correa por un lugar público está considerado unha falta grave que pode significar ata 1.200 euros de sanción.
Novas relacionadas
- Abril 17: Piden sancións para os donos que non recollan os excrementos dos seus cans en Carballo.
- Novembro 16; O Concello de Cee anuncia sancións para os donos de animais que non recollan os seus excrementos.
Fonte
- Redacción de QPC.