O Goberno de Cee xa pedira a Costas o arranxo da estrada de Lires pero segue esperando

Trala denuncia do BNG polo mal estado da estrada de Lires, o grupo de goberno ceense vén de facer público un escrito ante a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe para reclamar o arranxo da estrada á praia de Lires, nunha xestión feita en maio, pero que aínda non recibiu contestación.

Deixa así claro a preocupación do goberno por arranxar a estrada, e volve denunciar que "é absurdo que a competencia en materia de Costas resida no goberno central. Todas as competencias sobre os terreos de costa deberan ser tranferidos ao goberno galego", apunta Dani Oca.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).