Piden arranxar a estrada de Lires


O BNG de Cee, presentará hoxe luns 29 de Xullo no rexistro de entrada do concello, unha notificación, acompañada de fotografías, sobre o estado do firme da estrada que vai cara a praia de Lires.
"Na metade mais ou menos da estrada, xusto antes da zona de Pedras Miúdas, a auga da ría leva anos facendo un burato que neste intre se introduce mais ou menos un metro por debaixo da vía, e pasa a ser así moi perigoso para o tráfico rodado, e mesmo para os viandantes, moi habituales nesta época", informan.
"Do mesmo xeito, e debido ao pouco ancho do camiño, un derrube podería facer danos irreparábeis, xa que un vehículo calquera, caravanas incluidas, pode desprenderse cara a ría si a estrada cede, co perigo de pór vidas humanas en risco".
Así, "dende o BNG creemos que o goberno debería ter sabido xa deste problema se tivese un control axeitado das vías da súa propiedade, e non que teñan que ser os veciños quen alerten do problema". Por todo o exposto, "o Bng vai pedir unha inmediata acción do concello na zona, co afán de prever males maiores".
Novas relacionadas
- O Concello de Cee insta á Xunta a acometer dúas obras urxentes de saneamento para a ría de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).