O Goberno de Cee xa pedira a Costas o arranxo da estrada de Lires pero segue esperando

08:26 31/07/13

Trala denuncia do BNG polo mal estado da estrada de Lires, o grupo de goberno ceense vén de facer público un escrito ante a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe para reclamar o arranxo da estrada á praia de Lires, nunha xestión feita en maio, pero que aínda non recibiu contestación.
Deixa así claro a preocupación do goberno por arranxar a estrada, e volve denunciar que "é absurdo que a competencia en materia de Costas resida no goberno central. Todas as competencias sobre os terreos de costa deberan ser tranferidos ao goberno galego", apunta Dani Oca.
Novas relacionadas
- Piden arranxar a estrada de Lires.
- O Concello de Cee insta á Xunta a acometer dúas obras urxentes de saneamento para a ría de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).