Os dous mellores actores secundarios de Galicia son da Costa

Doble triunfo costeiro na monstruosa gala dos XV Premios de teatro María Casares que entregan cada a Asociación de Actrices e Actores de Galicia. A compañía ceense Talía Teatro acodía con 4 nominacións pola súa obra Volpone. E foi Marta Ríos a que levou o premio á Mellor Actriz Secundaria. A segunda boa nova chegaba de contado cando o malpicán Santi Romay, recoñecido actor dende pequeno e activo membro da Tralla de Malpica, que tamén era considerado o Mellor Actor Secundario pola súa interpretación na obra máis galardoada da noite, Un Cráneo furado, de Producións Teatrais Escéntricas. Todo no encanto dunha gaña de monstros levada a escea por artistas da entidade Manicómicos, da Coruña.

Marta Ríos

Moi nerviosa amosouse a actriz de Boiro ao subir a recoller a xarra Casares. "Este premio é moi importante para min, porque me fai sentir parte desta profesión", comezou. Agradeceu o premio "á confianza de Artur Trillo", que foi o seu mestre na vila da Barbanza e a acolleu en Talía, e compartiu o premio co "equipaso de Talía".

Santi Romay

O malpicán, algo máis afeito ao estrado, recolleu o premio con moita soltura. Agradeceu ao fantástico grupo de Excéntricas e concretamente a Kiko Cadaval, un dos gurús do teatro galego que acabou recollendo o premio ao Mellor Espectáculo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)