Martes. 23.04.2024
El tiempo

Talía Teatro non ten “Pelos na lingua”

Talía Teatro non ten “Pelos na lingua”
Presentado oficialmente na zona o novo espectáculo de Talía Teatro, “Pelos na lingua”. Se hai escasamente 2 meses a compañía ceense presentaba "Carta Urxente para Maximino Toxo", este pasado venres 18 de febreiro convocaban aos medios para presentar a nova obra en Carballo, onde farán a estrea o vindeiro 25 de febreiro. I é que están que non paran. Nestes momentos son 7 os espectáculos que a compañía ten en marcha ao longo do país. E sende a súa constitución, fai xa vinte anos, teñen estreado a friorenta de 29 espectáculos. O último foi presentado da man do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e a Concelleira de Cultura Belén Lendoiro, que escoltaron aos Avelino González, o director do espectáculo; e os actores, Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez.

Moita lingua

Como comentaban os propios protagonistas, "esta comedia, dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de "Bicos con lingua", a obra máis representada da historia do teatro galego, coa que a compañía visitou lugares tan dispares como París, Vitoria, Barcelona ou Brasil. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto".

Un espectáculo para todos

“Pelos na lingua”é un espectáculo estruturado en sketches que fala dos usos e abusos que sofre a lingua galega. E efectivamente está dirixida tanto aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non o galego, aos que pensan que o galego é a lingua que debería falar todo o mundo, aos que pensan que debería ser o inglés o idioma que falase todo o mundo, aos que pensan que a maioría dos galegos falan castelán, aos que pensan que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, mestres, alumnos, actores, actrices, carpinteiros, todos e todas...

Actuacións na zona

O vindeiro venres 25 de febreiro, ás 21:00h actuarán no Pazo da Cultura de Carballo. E farán o propio o 19 de marzo en Cee.

Novas relacionadas

Máis novas de Talía Teatro

Fonte

Comentarios