Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Talía Teatro estrea novo espectáculo

Talía Teatro estrea novo espectáculo
Onte presentaban en sociedade na Casa de Cultura do Milladoiro o seu novo espectáculo. I é que estes artistas da Costa da Morte non paran e se estreaban Volpone hai apenas uns meses, xa teñen en marcha o seu último espectáculo ´Carta urxente para Máximo Toxo´. E por se fóra pouco teñen tempo para participar nas Galas Solidarias con Palestina que pasou por Cee. Precisamente a Casa da Cultura de Milladoiro acolle este domingo 19 de decembro ás 17 h. a estrea da obra.

“Carta urxente para Máximo Toxo”

Trátase dun espectáculo infantil escrito e dirixido por Diego Rey. É unha comedia infantil e acrobática para ver en familia, chea de saltos, golpes, viravoltas, gritos, parvadas e trangalladas que fai unha reflexión sobre a soidade e os seus perigos. Marta Ríos e Dani Trillo son os protagonistas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios