Os Parques de Bombeiros volven amencer con pintadas de protesta

Dende o mes de decembro levan en folga os bombeiros da zona. E as negociacións da negociación do convenio colectivo entre traballadores e a empresa Nanutecnia cada día están máis separadas. É o que acontece cando privatizas un servizo tan público como o de Bombeiros, pois agora é a empresa privada, concesionaria dun servizo público coma este, a que ten que xestionar directamente a relación laboral cos traballadores. Porque das administracións públicas, os bombeiros da zona, non escoitaron palabra.

No día de onte aparecían numerosas pintadas de desacordo nos Parques de Santa Comba e Cee, e tamén nos de As Pontes e Lugo, nos que xestiona a empresa Nanutecnia, dada a pouca disposición a negociar. Se ben dende o colectivo de bombeiros non están a favor destas prácticas, a mensaxe parece evidente.

”A empresa quixo meternos de mentireiros e desprestixiar o noso traballo”, lamentan os traballadores, que consideran que a falta de intención negociadora roza a “opresión”. Ademais, critican que empresa nin administracións fagan movementos para achegar posturas e poder chegar a un acordo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).