Os parques de Bombeiros de Cee e Santa Comba amencen con pintadas de protesta


Así amencían hoxe os parques de bombeiros de Cee e Santa Comba. Unhas pintadas que dende logo gustan ao colectivo de bombeiros, que estivo en folga a semana pasada, pero que reflicte o sentir de indignación do sector.
Así, explícannos que "o Comité non está darcordo con esta forma de proceder, nós queremos falar e solucionar o problema, non as pintadas". Pero entende que "pode haber xente desesperada polas continuas mentiras e presións que levamos sufrindo", aseguran.
A problemática
Xa escoitamos as peticións dos bombeiros, que pasan por un convenio máis xusto, por un trato máis flexible da empresa adxudicataria, e por unha adxudicación máis razonable por parte da Xunta. Ademais, consideran que as esixencias de aforro perxudican a labor social que deben realizar.

Novas relacionadas
- Os bombeiros da Costa da Morte tamén saen á rúa en folga.
- A Costa da Morte secunda a mobilización pola Sanidade Pública.
- A cidadanía toma as rúas da Costa da Morte en clave de protesta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).