Os traballadores dos PACs volven facer un paro polo eterno déficit de recursos humanos

Os traballadores do PAC de Vimianzo facéndose o selfie do paro

Xa en abril saíran a rúa, pero as súas reivindicacións caeron en saco roto. Os traballadores dos Puntos de Atención continuada de toda Galicia volveron concentrarse ao longo do país para continuar denunciando o “déficit en recursos humanos, a nula planificación a curto e a longo prazo de cada un dos nosos centros”. Unhas situacións que se convirten en realmente graves nas datas de vacacións, cando afrontan momentos de sobrecarga asistencial que fai complicado o poder dar unha atención cun mínimo de calidade.

Este pasado domingo 12 de agosto facía un paro de 10:45 a 11:15 seguindo co lema “PACs en pé de guerra”, en sinal de protesta pola inhibición do Sergas e demandando eses “Equipos completos adaptados ás necesidades de cada PAC”.

Na Costa da Morte fixeron paro, alomenos, os traballadores de Carballo, Ponteceso e Vimianzo, se ben en Cee, non puideron facer o paro pola alta demanda asistencial que tiñan nese momento. Ben simbólica a situación no Hospital Virxe da Xunqueira...

Traballadores do PAC de Carballo de paro
Traballadores do PAC de Ponteceso de paro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-pacs-tamen-se-alzaron-en-pe-de-guerra-por-reivindicacions-laborais-aprobadas-no-2008/