O persoal da limpeza do HVDX pide igualar a súa situación laboral á doutros centros hospitalarios

Á limpeza que se realizou por fóra, debería sumarse á actualización dos contratos dos traballadores da limpeza. Porque no Hospital de Cee o servizo de limpeza continúa externalizado e baixo o Convenio Provincial de Limpeza da Coruña. Formato que provoca que o persoal do centro ceense conte cunhas condicións salariais e sociais peores que as do persoal de limpeza dos hospitais de referencia da mesma Área Sanitaria, que conta coas condicións do Sergas.
Un desequilibrio que xa foi corrixido en Burela e O Barco, mais que segue pendente en O Salnés, Barbanza e Cee.

"O contraste é evidente", sinalan dende a CIG. "O mesmo traballo, as mesmas funcións e responsabilidades, pero salarios, permisos, descansos e xornada inferiores".

A central sindical xa solicitou unha reunión coa Consellería de Sanidade hai meses, pero segue sen recibir respostas polo que ten convocadda unha nova concentración para o 26, e unha folga días 19, 20 e 21 de novembro no Hospital Virxe da Xunqueira.