Piden que se libere un camiño público de Caneliñas pechado dende hai décadas

Segue a baleeira de Caneliñas no centro da conversa pública da comarca. Tralo documental realizado polas estudantes Paula Castiñeira e María Figueroa, son varios os proxectos que se formulan sobre este singular e histórico espazo, como debateron en varias visitas institucionais estas pasadas semanas.

Unha reunión na que tamén participou o dono dos terreos que semella interesado en expandir o seu negocio nesa zona, polo que promovería a creación á beira da praia de aparcamentos así como a cesión de terreos para ensanchar a vía de entrada.

Dende o grupo do BNG piden claridade e transparencia para poder opinar sobre o proxecto, pero ao tempo pide que se solicite a apertura dun camiño público pechado desde fai décadas. “Trátase do camiño da Areosa, que pasa por dentro das instalacións da baleeira, que segue pechado por un portal privado e leva décadas sen ser usado pola veciñanza. A vía pasaba por diante da antiga cociña, por detrás da carpintaría (ambas construcción ainda seguen en pé) e ía parar aos lindes con Ameixenda, dando servizo as fincas mais alonxadas a aldea de Gures”, explican dende o BNG.

”É esta unha vella reivindicación da veciñanza de Gures, que no seu día, e debido a importancia económica da industria, consideraron necesario deixar que se pechase, mais agora, coas instalación inactivas e sen actividade industrial, tan só esperando ao pelotazo dos donos, é preciso obrigar a que se abra e se permita o uso do camiño público e de servizo das fincas”.

Novas relacionadas