Venres. 26.04.2024
El tiempo

A última balea de Caneliñas

Juan de Panzeiras, traballador da Baleeira de Caneliñas ca ultima balea capturada
Juan de Panzeiras, traballador da Baleeira de Caneliñas, ca ultima balea capturada o 21 de outubro de 1985- Foto de Alex Aguilar
A última balea de Caneliñas

Cada 21 de outubro, a Coordinadora de Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) celebra o Día da Balea, en lembranza da última captura de balea no sur de Europa. Era esta coa que vemos a Juan de Panzeiras, procesándoa na finada baleeira de Caneliñas, hai xusto 35 anos.

Foi Álex Aguilar o que vén de recuperar esta imaxe, vello coñecido da zona porque tamén traballou como biólogo controlando as cotas e tallas de captura na baleeira ceense.

Precisamente erá el o que celebrará a data cunha charla, hoxe mesmo, mércores 21, ás 20:00h a través da plataforma online https://meet.jit.si/FOROCEMMA (chave: AGUILAR).

A charla aberta será “A alimentación das distintas especies de baleas e as súas relacións de competencia".

Novas relacionadas

Comentarios