A retirada do guindastre do Porto de Brens, unha mostra do "plan de desmantelamento industrial" de XEAL

Guindastre do porto de Brens xa embarcado este mediodía de luns, camiño de Punta Langosteira-Foto-Jorge Castro

Esta pasada semana a Xunta decidía o traslado do guindastre ao porto de Langosteira pola falta de actividade. Unha decisión que provoca deixar sen actividade a unha empresa como XEAL. De aí que o comité de XEAL denuncie a retirada desta ferramenta, sinalando que é unha nova mostra do plan de desmantelamento industrial que XEAL, iniciado polo fondo TPG-Ithaka.

"É paradóxico que despois do restablecemneto do servizo do práctico, nas condicións que se pedían e como tiña denunciado públicamente o comité, que a primeira manobra deste sexa para seguir avanzando en desmantelar o porto coa retirada do grindastre", sinalan.

"Sen o guindastre, o porto de Brens (malia ser unha infraestrutura tan longamente demandada pola comarca e que debería servir de impulsor da actividade económica local) queda infrautilizado para poder descargar a materia prima que necesitan as fábricas e cargar o produto elaborado para a súa venta".

"Diante deste escenario gravísimo, o comité apela novamente á Xunta de Galiza para que deixe a un lado as proclamas electoralistas e asuma as responsabilidades sobre as que ten competencias directas, como son a industria e as concesións hidroeléctricas. E neste senso, o comité volve reclamar o cumprimento escrupuloso das cláusulas concesionais e que a empresa presente xa un plan industrial e de viabilidade que permita recuperar todas as capacidades produtivas e os empregos destruídos nos dous últimos anos".
 

 

Novas relacionadas